Queimada

De cor ambar con fulgores avermellados, escuma densa e branca de aspecto cremoso e burbulla fina. Carbónico tenue. Aroma intenso e claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac. De sabor doce e liceiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil. Retrogusto cítrico e curto, deixando a boca limpa. Chamando a outro trago.

Formato: 33 cl.
Alcohol: 5,4% Vol.

Queimada

Rubia

Cervexa Blonde Ale. Cervexa rubia de alta fermentación elaborada con maltas Pilsen e aromática. De cor entre amarelo brillante e dourado claro. Escuma branca nacarada persistente, burbulla intensa. Lixeiro aroma afrutado con suaves notas a malta. Percepción baixa do lúpulo, equilibrado. Cervexa refrescante, de trago largo en boca, fácil de beber.

Formato: 33 cl.
Alcohol: 6,3% Vol.

Rubia

Meleira

Cervexa de alta fermentación con mel engadido. De cor cobriza con aromas a herbas e á popia mel.
Unha cervexa con corpo pero moi bebible. Refresecante. Con amargor final agradable e regusto algo doce.

Formato: 33 cl.
Alcohol: 6,4% Vol.

Meleira

Castañeira

Cervexa coa mesma receita que a Dama Alaricana Queimada á que engadimos fariña de castaña na súa elaboración.

Formato: 33 cl.
Alcohol: 5,4% Vol.

Castañeira